Parados

Escribe Manuel Gago:

«Sempre hai situacións novas que non aprendes a recoñecer, porque non se viviran intensamente antes.

Nos últimos meses, amigos -de diferentes profesións, pero especialmente vinculadas á comunicación no meu caso- e ex-alumnos foron entrando nunha incómoda espiral de paro. Subsistindo mercé ao subsidio da Seguridade Social -un contrarreloxo que non se detén-, son xente emprendedora, xente que procura, formados, con vigor e que miran para adiante. Eles buscan nun lado e noutro, prepáranse, estudan, fan chamadas, tiran de contactos. Pero non hai xeito. O seu número é cada vez maior. E aparecen nos sectores da túa vida que non agardas.

Esas persoas vivían ata o momento ben ou mal. Mesmo os que estaban en situación máis precaria cando menos ingresaban a fin de mes. O máis desacougante, polo que me contan, non é que te collan nun traballo ou non; o dramático é a sequía, a ausencia evidente e perceptible de oportunidades.

Non coñecía algo que non sei definir, ao falar con eles: o silenzo excesivamente preocupado. No seu interior, débense estar cuestionando miles de cousas: a valía, o cambio de profesión, os erros e acertos da vida, a vida alén do último mes de Seguridade Social -moitos só teñen algúns meses e están rematando. Moitas destas cousas non as pensarían se traballaran, pero agora, nun impass non desexado, e iso é preocupante.

Nese silenzo hai algo máis, algo que asusta: o medo a non volver traballar»...

[+] Capítulo cero | Vía Barrio de Los Rosales

Comentarios